Educortos

Proxecto de creación audiovisual transversal IMPULSADO polo departamento de Educación Plástica Visual e Audiovisual do IES As Barxas de Moaña. Inclúe a actividade propia dunha produtora audiovisual do centro e un festival de proxección das curtas.

O PROXECTO

Experiencia educativa do IES As Barxas de Moaña na que o alumnado utiliza os recursos da linguaxe cinematográfica en Educación Plástica Visual e Audiovisual, posibilitando vías de experimentación, expresión e creación a traveso das novas tecnoloxías. Aplicamos unha didáctica interdisciplinar e transversal, fomentando a educación en valores. Levamos oito anos traballando co audiovisual e na actualidade proxectamos a imaxe dunha gran produtora cunha participación moi global que inclúe alumnado, profesorado, familias e veciñanza, mellorando as relacións persoais e a autoestima dos participantes. As ideas xurden das inquedanzas do alumnado, dinamiza o centro e conéctao coa nosa contorna ao proxectar todas as curtas ao final de cada curso, nun festival audiovisual con gran difusión mediática na vila de Moaña.

OBXECTIVOS
· Motivar e ilusionar á comunidade educativa e a nosa contorna
· Fuxir da estrutura de clases maxistrais, convertindo o profesor en guía e facilitador do traballo en equipo do alumnado
· Aprendizaxe transversal con todos os departamentos
· Coñecer todo o proceso de creación dun proxecto audiovisual
· Aprender cun proceso estruturado e usando ferramentas TIC
· Desenvolver competencias na comunicación audiovisual
· Manexar equipos de rexistro e programas de edición visual e sonora
· Fomentar a creatividade
· Tratar contidos de educación para a vida que preocupan ó alumnado
· Poñer en valor o traballo presentando as pezas nun festival

COMO O FIXEMOS?

COLABORADORES
No proxecto participa a comunidade educativa da vila e moitos profesionais que colaboran desinteresadamente como a asociación DOA de Cangas, o músico Jorge Vidal, a cantante A Ziega, os escritores Isabel Branco e Miguel Alonso Diz, o psicólogo Isaac Figueroa Piñeiro, o Gabinete Psicopedagóxico Olga e o director de cine Xan Leira.

RECURSOS
· Espazos do centro e da vila para as rodaxes
· Videocámaras e trípodes
· Micrófono exterior e direccional
· Alargo para conexión á rede
· Tarxetas SD
· Focos
· Ordenador Persoal
· Software para a edición de vídeo, fotografía e son

FINANCIAMENTO
Concursos educativos grazas ós que fumos adquirindo material

RECOÑECEMENTOS

PARTICIPANTES
A experiencia é moi estimulante e motivadora e mellorou notablemente as relacións persoais. Contribuíu a que tomemos conciencia de que as capacidades das persoas son diferentes pero todas son válidas e xuntándoas chégase a mellores resultados. Cremos que ensinar e aprender pode ser moi divertido e que só se aprende aquilo que se ama.

RECOÑECEMENTOS
· Premio Orgullo TIC 2016 outorgado por INEVERY CREA polo proxecto audiovisual Caranguexo Films
· Mención honorífica na IV Edición dos Premios da Fundación GSDinnova (2016) polo clip Superheroes e superheroínas. fundación GSD innova
· Premio Innovación Educativa de SIMO (2016)
·Primeiro premio Peonza de Oro Espiral Edublogs 2015 por Educortos
· Mejor iniciativa TIC 2012  de Educación 3.0 por Historias de un cuarto de baño
· Premio Nacional Crearte 2011, por Educortos
· Recoñecemento como boa práctica 2.0 polo Intef

CONTACTO

Luz Beloso (coordinadora)
luzbelos@yahoo.es

Proxectos relacionados

Empece a escribir e pulse Enter para buscar