Excelente Colmeiro

Proxecto de educación en valores IMPULSADO polo equipo directivo do IES Pintor Colmeiro (Silleda) co APOIO profesional da asociación de reporteiros galegos solidarios, AGARESO.

O PROXECTO

O proxecto púxose en marcha a partir do Contrato Programa de Excelencia da Consellería de Educación, organizando no centro de ensino, en horario extraescolar, unha serie de obradoiros ao longo do curso 2016/17. Traballouse en proxectos diferenciados pero complementarios e con obxectivos de gran alcance, máis alá do centro escolar. O alumnado, de entre 14 e 17 anos, interpretou e difundiu os valores sobre os que traballou nos obradoiros audiovisuais mediante cancións, teatro, radio ou televisión.

OBXECTIVOS
· Promover a educación en valores
· Promover competencias audiovisuais no alumnado

COMO O FIXEMOS?

COLABORADORES
· Agareso
· EpdLab
· Proxecto O mundo que queremos
· Plataforma Salvemos Catasós

RECURSOS
· Aulas de informática
· Espazos do centro para a edición de vídeo

FINANCIAMENTO
· Programa de Excelencia da Consellería de Educación
· Recursos propios do centro

RECOÑECEMENTOS

· 1º premio á educación en valores na primeria edición dos Premios á Xuventude da Deputación de Pontevedra.
· 2º Premio na I Convocatoria do Premio Stephen Hawking de novos investigadores, promovido polo IES Rosalía de Castro (Compostela).
· 1º Premio no Videoghit 2017, organizado polo IES Pintor Colmeiro.

CONTACTO

Proxectos relacionados

Empece a escribir e pulse Enter para buscar