Fai Rúa

Proxecto audiovisual IMPULSADO pola Asociación Cultural Barrio Alto do Casco Vello de Vigo, un colectivo aberto que aúna veciños e comerciantes da zona.

O PROXECTO

Fai Rúa nace coa vontade de rexistrar a memoria colectiva de parte do barrio vello de Vigo, en pleno proceso de transformación, e de rescatar aquelas historias e persoas que construíron a súa identidade. A través de distintas pezas audiovisuais, o espectador poderá gozar dun paseo virtual por esta parte da cidade. O proxecto irase aumentando ao longo dos anos expandido o seu ámbito de traballo con novos vídeos. É un proxecto cultural sen ánimo de lucro e todos os contidos publícanse baixo licenza Creative Commons, polo que vos convidamos a compartilos en redes sociais ou blogues.

OBXECTIVOS
· Desestigmatizar o barrio.
· Fomentar a cohesión social entre novos e vellos habitantes.
· Loitar contra a especulación e a xentrificación.

COMO O FIXEMOS?

COLABORADORES
Foron contratados 3 perfiles profesionais para desenvolver o proxecto. Roi Guitián da empresa Gingko encargouse da dirección audiovisual, Fabio Souto programou a web e Noemí Díaz Patiño fixo o deseño gráfico.

RECURSOS
· Espacio Nido, local de traballo colaborativo sito na rúa Ferrería
· Equipo audiovisual (cámaras, micros e portátiles) aportados polos contratados
· Proxector e equipo de son propiedade da Asociación

FINANCIAMENTO
Subvención de emprego para asociacións sen ánimo de lucro do Concello de Vigo.
Eventos propios da asociación onde se recaudan cartos da comida e bebida.

CONTACTO

Correo electrónico: cascovelloalto@gmail.com
Teléfono: 649 324 824

Proxectos relacionados

Empece a escribir e pulse Enter para buscar