Miradas transversais. Outras narrativas do museo

Obradoiro de videocreación IMPULSADO polo Museo do Pobo Galego e DESENVOLVIDO por VideodinamizARTE.

O PROXECTO

O proxecto consistiu nunha proposta formativa para achegarlle a linguaxe audiovisual ás persoas maiores usuarias do Museo do Pobo Galego, xerando ao mesmo tempo contidos para a institución e para a realización dunha peza audiovisual. As persoas participantes, de máis de 55 anos, portaban, pola súa traxectoria vital, memoria asociada ao patrimonio cultural inmaterial. Neste obradoiro filmaron sobre as súas experiencias, en primeira persoa e aprendendo a usar unha cámara de xeito creativo.  Os documentos producidos formaron parte da programación da 11ª edición da MICE, a Mostra Internacional de Cinema Etnográfico Museo do Pobo Galego. Despois pasaron ao arquivo do institución servindo tamén para traballos de investigación.

 

OBXECTIVOS
· Aprender o manexo das ferramentas audiovisuais
· Traballar a creatividade e a autonomía
· Recoller a memoria propia asociada á colectiva que garda o Museo
· Contribuír aos fondos de investigación do Museo do Pobo Galego e ao seu certame de cinema

COMO O FIXEMOS?

COLABORADORES
Contou coa colaboración do centro sociocomunitario Porta do Camiño.

RECURSOS
· Aula, proxector e ordenadores (aula CEMIT)

FINANCIAMENTO
· Museo do Pobo Galego

CONTACTO

Proxectos relacionados

Empece a escribir e pulse Enter para buscar