Pantasmas de Oza

Roteiro interactivo IMPULSADO pola Asociación de Veciños de Oza, Gaiteira, Os Castros da Coruña. Coa participación de veciños e veciñas de entre 14 e 70 anos.

O PROXECTO

Pantasmas de Oza é un proxecto pretende crear un vínculo coa memoria colectiva do barrio mediante un roteiro de ausencias, as pantasmas. Propón un percorrido no que os camiñantes descubren elementos, espazos e construccións clave do pasado do barrio agora desaparecidos, contrastándoo co que existe no seu lugar na actualidade. O seu obxectivo era poñer en valor a memoria recente do barrio identificando, documentando e difundindo a historia da antiga parroquia de Oza e o seu patrimonio desaparecido.

OBXECTIVOS
· Crear un roteiro interactivo.
· Recuperar a historia e a memoria do barrio.
· Recoller historias, relatos, documentos, etc., da memoria do barrio.
· Crear espazos de intercambio e participación..
· Convivir e concienciar sobre a realidade social e cultural.

PROCESO
O proceso de creación das Pantasmas de Oza comezou cun obradoiro no que se sentaron as bases do proxecto e se indentificaron os puntos do percorrido. Nunha segunda fase do proxecto se sacou ó proxecto á rúa, cunha intensa programación cultural e de eventos que incluiu un roteiro con escolares, proxeccións de películas inéditas, mostra de fotografías antigas e coloquios con expertos provocando unha conversa espontánea e interxeracional entre a veciñanza. Tamén recollemos testimonios, fotografías e fontes para a creación dun futuro arquivo da memoria e contactamos con expertos para que nos axuden a seguir construindo este relato común.

COMO O FIXEMOS?

COLABORADORES
O proxecto contou con Cristina de la Torre como dinamizadora do proxecto. A Universidade da Coruña e o Sergas facilitaron o uso dos seus espazos. Os arquivos e bibliotecas da cidade colaboraron co préstamo e autorización de utilización de materiais e fondos.

RECURSOS
·  Espazos: o obradoiro inicial realizaouse no Centro Cívico San Diego. A presentación do proxecto foi na biblioteca do Fórum Metropolitan. Realizáronse eventos na rúa Gaiteira, no mirador dos Castros, no Green Campus da UDC e en espazos do Hospital de Oza (Sergas)
· Documentación: empregáronse recursos do Arquivo Histórico Municipal  e do Arquivo do reyno de Galicia, ademais de arquivos personais da veciñanza.
· Para os eventos empregouse cartelería, mobiliario da asociación e adquirido para a ocasión, amplificación de son, escaner e ordenador, cámara de vídeo.

FINANCIAMENTO
A realización do proxecto foi posible grazas á colaboración de decenas de veciños e o apoio, primeiro, da Concellería de Participación da Coruña para organizar un obradoiro de memoria, e despois, da Concellería de Culturas e o IMCE, que o incluiron dentro do programa Cultura de Barrio.

CONTACTO

Correo electrónico: ozagaiteiraoscastros2@gmail.com
Páxina web: pantasmasdeoza.com
Twitter: @ozagaiteraosca
Facebook: @pantasmasdebarrio

Proxectos relacionados

Empece a escribir e pulse Enter para buscar