Tralas Pegadas de Díaz Castro

Roteiro interactivo e experiencial IMPULSADO polo IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz nunha acción multidisciplinar dos departamentos de Galego, Castelán, Xeografía e Historia, Bioloxía, Matemáticas, Latín, Física e Química, Plástica, Filosofía, Relixión, Música, Plástica e Educación Física.

O PROXECTO

«A Fábrica de poetas» e «Un neno de aldea» son dous roteiros que creamos no IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz para poñer en valor ó autor que dá nome ó centro e  poñer en valor o patrimonio inmaterial, natural e cultural do noso entorno. Ambos teñen unha versión web para acceder aos contidos online e tamén poden experimentarse en persoa, guiados polo alumnado de 3º ESO sobre o terreo. Con contidos etnográficos, naturais, sociais e literarios, os roteiros xa recibiron máis de mil visitantes de centros educativos e outros colectivos de Galicia, como a Universidade Senior.

OBXECTIVOS
· Recuperar patrimonio natural e cultural do noso entorno
· Que o alumnado sexa protagonista do seu proceso de aprendizaxe
· Consolidar a formación en oralidade do alumnado, en galego e entre iguais
· Intersificar e consolidar o traballo multidisciplinar no centro
· Coñecernos entre nós e intercambiar experiencias colaborativas
· Utilizar o soporte audiovisual como ferramenta de aprendizaxe
· Facer proxectos replicables, intercambiables e con capacidade de evolución

RECOÑECEMENTOS
o 2015 recibiu o Premio Nacional de Educación a centros docentes na modalidade de fomento das competencias de lectoescritura e audiovisual.

COMO O FIXEMOS?

COLABORADORES
· Cristina de la Torre: coordinación de contidos e audiovisuais
· Estudio Caravana: programación da plataforma web
· Leticia Barbadillo: guionización de actividades
· Araceli Serantes (Educación Medioambiental, UDC): preparación de guías de interpretación do patrimonio
· AACC Xermolos: documentación e participación no roteiro
· Biblioteca Ágora da Coruña: divulgación do proxecto
· Concello de Guitiriz: cesión de espazos no roteiro na vila
· Veciñanza do Vilariño: colaboración loxística no roteiro

RECURSOS
Equipamento audiovisual, teléfono mócil, cámara de video, ordenador para edición do material. Páxina web. Sinalización do Roteiro (material do obradoiro de soldadura). Fondos bibliográficos. Material lúdico para os xogos. Espazos cedidos polo Concello (Casa da Cultura) e polos veciños do Vilariño (acceso aos seus terreos)

FINANCIAMENTO
· EducaBarrié
· Contratos-Programa da Consellería de Educación
· Premios á Innovación Educativa 2014

CONTACTO

Correo electrónico: es.diaz.castro@edu.xunta.es
Páxina web: alusdomundo.com
Twitter: @alusdomundo
Facebook: facebook.com/alusdomundo

Proxectos relacionados

Empece a escribir e pulse Enter para buscar