Pingueira

Encontro transdisciplinar de coaprendizaxe en contexto IMPULSADO por Airoá Comunicación e Nova Escola Galega.

O PROXECTO

Pingueira son unhas xornadas (celebradas no 2016) que buscan facilitar un espazo de coaprendizaxe para a comunidade educativa entendida nun sentido amplo (alumnado -a partir dos 12 anos-, profesorado de primaria e secundaria, persoal investigador, familias e movementos sociais) para, conxuntamente, reflexionar sobre liñas estratéxicas en torno á educomunicación e a tecnociencia: que estratexias, recursos e metodoloxías poden partillar docentes e investigado@s en educación con profesionais doutros eidos á hora de crear liñas pedagóxicas que atendan o mundo actual? Que poden aportar persoas que veñen da comunicación, tecnólogas, científicas, historiadoras, creadoras contemporáneas, alumnado, familias e movementos socias, á hora de construír unha educación pública actual, que atenda á diversidade e que promova a excelencia? … O encontro Pingueira busca traballar sobre cuestións como estas e abrir outras novas para conectar, visibilizar e confrontar distintas investigacións e praxes transdisciplinares. Pingueira constitúe un espazo dinamizador da nosa cultura audiovisual, dixital e online, a través do empoderamento tecnolóxico, valorizando especialmente os coñecementos locais e facilitando a interacción entre xeracións.

OBXECTIVOS
· Conectar: Proporcionar un foro de encontro entre as persoas investigadoras en educomunicación, profesionais de ensino, alumnado e familias
· Situar: Facilitar a actualización e difusión de coñecementos e praxes nesta área de investigación e liñas de acción, atendendo ao contexto no que se sitúa: o rural
· Confrontar: Proporcionar un espazo de reflexión e debate de distintos puntos de vista sobre o tema
· Proxectar: Estudar posibles liñas de investigación-acción transdisciplinar entre a educación e a comunicación, creación contemporánea e tecnociencias

COMO O FIXEMOS?

COLABORADORES
Contou coa colaboración do IES Val do Asma (Chantada) e do Ecomuseo de Arxeriz. Tamén  de Televinte, Pinancho Audiovisuais e Kris Pereira’s así como de Aula Mèdia e Velaísca.

RECURSOS
· Espazos: auditorio do IES Val do Asma, auditorio municipal e sede do Ecomuseo de Arxeríz
· Materiais cedidos por Televinte, Pinancho Audiovisuais e outras colaboradoras da Asociación

FINANCIAMENTO
· Fondos propios e horas de traballo das traballadoras de Airoá
· Inscricións dos participantes
· Concello de Chantada (Cartelería e espazos)
· Diputación de Lugo (pequena axuda por actividade cultural e un concerto no marco do Encontro)

CONTACTO

Correo electrónico: airoa@airoa.gal
Páxina web: http://pingueira.airoa.gal/

Proxectos relacionados

Empece a escribir e pulse Enter para buscar