RecThink

Proxecto IMPULSADO por Agareso, a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios, na que a mocidade de zonas despoboadas reflexiona sobre a súa realidade por medio do vídeo participativo.

O PROXECTO

RecThink é un proxecto de Agareso, a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios, que ten o obxectivo de reivindicar a cultura do rural a partir da participación e da creación colectiva con grupos de xente nova. Catro países europeos aplicamos a ferramenta do vídeo participativo para analizar os retos, identificar os recursos materiais e inmateriais, e para plantexar alternativas ao procesos de despoboamento nas áreas rurais. Un obxectivo paralelo foi fortalecer as ligazóns nunha comunidade para crear unha narrativa propia, unha ferramenta de expresión e de reivindicación para a sociedade en xeral e para as persoas encargadas da toma de decisións.

OBXECTIVOS
· Facilitar o intercambio de ferramentas e de experiencias entre xente nova de áreas rurais europeas en perigo de despoabación.
· Construír unha mensaxe colectiva de base sobre a realidade do rural que permita incluír as expectativas e as necesidades da xente nova.
· Crear unha rede europea de organizacións que traballan coa mocidade en zonas rurais. Promover a participación social e a iniciativa política entre grupos de xente nova en áreas rurais.
· Poñer en valor o patrimonio material e inmaterial destas zonas que, pola súa baixa poboación, reclaman unha representación alternativa nas decisións políticas e culturais.

PARTICIPANTES
Mocidade de entre 16 e 30 anos de dúas áreas rurais de Galicia en grave perigo de despoboación: Os Ancares e A Limia, membros de asociacións culturais e movementos sociais desas zonas.

COMO O FIXEMOS?

COLABORADORES
· Centro de Desenvolvemento Rural de Cervantes
· Centro de Desenvolvemento Rural de Lodosedo

RECURSOS
· Espazo-aula amplio, que permita cambiar a súa disposición e con luz para facer prácticas de gravación
· Proxector, ordenador con conexión a Internet e altofalantes
· Dúas cámaras que permitan gravar vídeo, gravadora de son, micrófono e trípodes
· Ordenadores para editar e para crear outros materiais dixitais (un por cada 3 participantes)
· Un espazo blog colaborativo no que compartir o proceso.
· Unha ferramenta de actividades educativas online, para as sesións a distancia e para a facilitar a comunicación entre os participantes
· Metodoloxía de aprendizaxe e traballo creativo que apoie o proceso, neste caso, o vídeo participativo
· Dúas persoas para dinamizar o proceso de participación social, ao tempo que para asegurar a formación en habilidades técnicas e tecnolóxicas.

FINANCIAMENTO
Convocatoria Erasmus + KA2 da Comisión Europea da Xuventude en España, coordinada polo INJUVE.

RECOÑECEMENTOS
Proxecto seleccionado no encontro “Cultura y Ciudanía” do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte en 2016.

CONTACTO

Correo electrónico: epd@agareso.org

Proxectos relacionados

Empece a escribir e pulse Enter para buscar