Urbanismo emocional

Proxecto audiovisual e web para a veciñanza IMPULSADO pola Concellería de Cultura do Concello das Pontes e DESENVOLVIDO por Video DinamizARTE.

O PROXECTO

O proxecto posto en práctica nas Pontes partiu da análise dos espazos urbanos, comúns para todos os habitantes da vila, pero á vez únicos para cada un dos nove veciños e veciñas en idade adulta que participaron na proposta. Compartir as súas distintas visións da contorna reforzou a comunidade e serviu para retratar dun xeito emocional os espazos da vila, a través dunha web e dos vídeos feitos pola veciñanza que formou parte do proxecto.

OBXECTIVOS
· Elaborar percorridos cotiás a través da creación audiovisual
· Compartir percepcións e vivencias e reforzar así a comunidade
· Ofrecer unha ollada distinta das Pontes aos visitantes da web que completa o proxecto

COMO O FIXEMOS?

COLABORADORES
Video DinamizARTE desenvolveu o proxecto coa veciñanza, que traballou de xeito activo na súa realización.

RECURSOS
· Aula CEMIT con proxector
· Ordenadores (propios e da aula)
· Conexión a Internet

FINANCIAMENTO
· Concello das Pontes

CONTACTO

Proxectos relacionados

Empece a escribir e pulse Enter para buscar