10 sentidos de Vigo

IMPULSADO pola Federación de ANPAS de Vigo persigue a formación no uso responsable das novas tecnoloxías entre os estudantes de secundaria.

O PROXECTO

Co obxectivo de formar cidadáns e cidadás capaces de comunicar e de participar na sociedade de forma responsable, esta actividade propón que durante un mes e medio un grupo de alumn@s de ESO elaboren un espazo web en forma de revista multimedia no que se publicarán contidos relacionados coa convivencia na escola e na cidade, a inclusión social e/ou o medioambiente.

OBXECTIVOS
· Fomentar o traballo colaborativo, co-responsabilidade, diálogo e consenso.
· Favorecer unha convivencia e valores, investigando e creando contidos entorno ao repecto e á igualdade.
· Traballar a linguaxe dos medios de comunicación, técnicas e xéneros.
· Coñecer os dereitos e deberes na rede, dereitos de autor e identidade dixital.
· Mellorar a competencia comunicativa mediante técnicas de expresión escrita, xéneros da linguaxe (información, opinión, argumentación…)
· Crear e publicar multimedia (fotografías, gráficos, texto, vídeos, mapas, portfolios… ) usando as ferramentas TIC.

COMO O FIXEMOS?

COLABORADORES
Contou coa colaboración dos profesionais de Gingko, que actuaron na asesoría técnica e na formación audiovisual do alumnado.

RECURSOS
· Aulas, salón de actos, xardín do IME, centro comercial e rúas
· Ordenador, tablet, móbil, proxector.

FINANCIAMENTO
Convenio de colaboración entre FOANPAS e o Concello de Vigo.

CONTACTO

Correo electrónico: info@gingko.gal

Proxectos relacionados

Empece a escribir e pulse Enter para buscar