A radio dos gatos

Programa de radio IMPULSADO por ASPACE Coruña e realizado por persoas con parálise cerebral. Realizado cos usuarios do colectivo e con medios propios, co asesoramento to de emisoras de radio locais.

O PROXECTO

Programa de radio impulsado por ASPACE Coruña e realizado por persoas con parálise cerebral. Os participantes son usurios con parálise cerebral con un nivel cognitivo medio-alto, linguaxe oral ou intención comunicativa (para utilizar SAAC: Sistemas Aumentativos e Alternativos de Comunicación) e con inquietudes e ganas de dar a coñecer a súa realidade fóra da asociación.

OBXECTIVOS
· Promover a autonomía persoal a través dunha actividade integradora.
· Mellorar as dinámicas de traballo en grupo e a posta en común e a organización do traballo.
· Ser unha ferramenta de comunicación interna e un mecanismo para lograr a mellora do impacto social.
· Visibilizar o colectivo de persoas con parálise cerebral

RECOÑECEMENTOS
· Premio Nacional Romper Barreras 2011 de BJ Adaptaciones e Toshiba.
· Premios ASPACEnet 2015 e 2016 de Fundación Vodafone e Confederación ASPACE (entidade asesora para a creación e posta en marcha doutras radios en entidades de parálise cerebral a nivel nacional).

COMO O FIXEMOS?

COLABORADORES
· Cadena SER – Radio Coruña asesorounos na compra do equipamento
· CUAC FM formounos para a mellora da locución e producción radiofónica

RECURSOS
· Espacio insonorizado, mesa e sillas
· Micrófonos e cascos
· Mesa de mezclas
· Entrada de teléfono
· Grabadora de mesa e grabadora portátil
· Equipos informáticos e tablets
· Accesos adaptados tanto para ordenadores como para as tablets

FINANCIAMENTO
A entidade adicou recursos propios para posta en marcha do proxecto que máis adiante coa obtención do Premio Nacional Romper Barreras mellorou coa adquisición de dispositivos específicos (micrófonos, cascos, mesa de mezclas…).

CONTACTO

María Rivas
maria.aspacecoruna@gmail.com

María José Pérez
mariajose.aspacecoruna@gmail.com

Proxectos relacionados
  • Outras Coruñas
    Outras Coruñas
    Audiovisual Entidade cultural Mocidade Persoas adultas
  • Pantasmas de Oza
    Pantasmas de Oza
    Adolescentes Exposición Maiores Mapas Mocidade Persoas adultas
  • CibeRespect
    CibeRespect
    Adolescentes Colectivos específicos Web
  • Feira
    Feira
    Audiovisual Colectivos específicos Maiores Persoas adultas Web

Empece a escribir e pulse Enter para buscar