Outras Coruñas

Obradoiro de vídeo colaborativo IMPULSADO por Coruña Dixital, unha iniciativa da Concellería de Culturas do Concello da Coruña

O PROXECTO

Un grupo de persoas reúnese con dous puntos en común: son habitantes da Coruña e queren coñecer as narrativas audiovisuais. Durante catro xornadas dobres, fomos alternando os procesos de participación e diálogo coa formación práctica en técnica audiovisual. O obxectivo do proxecto era elaborar un relato diferente sobre a cidade, así como apoiar as accións culturais e sociais colectivas e promover a cidadanía activa. Proxecto que combina a formación en técnicas audiovisuais e a metodoloxía do Vídeo Participativo para a construción dun relato diferente sobre a cidade da Coruña. Como resultados deste proxecto, hai un webdoc e un blog colaborativo.

OBXECTIVOS
· Formar a un grupo de persoas no uso das ferramentas e a linguaxe audiovisual
· Aportar unha visión colectiva sobre a cidade e as persoas que o habitan.
· Motivar as persoas participantes e asegurar a súa continuidade unha vez rematada a actividade.

COMO O FIXEMOS?

COLABORADORES
Gingko deseñou e dinamizou actividade.

RECURSOS
As sesións presenciais realizáronse no Centro Cívico Cidade Vella,contando cos recursos do mesmo: espazos e proxector. Os ordenadores e equipos de gravación foron aportados polos propios participantes. O obxectivo de empregar equipo propios dos participantes era que unha vez aprendidas as destrezas puideran continuar traballando noutros proxectos audiovisuais sen que o equipo fóra unha eiva. Gingko tamén aportou equipos propios (son, cámara, ordenador) como apoio para as persoas participantes.

FINANCIAMENTO
· Concelleria de Cultura de A Coruña a través do programa Cultura Dixital

CONTACTO

Correo electrónico: info@gingko.gal

Proxectos relacionados

Empece a escribir e pulse Enter para buscar