Pasaporte Lugrís

Proxecto adicado á interculturalidade IMPULSADO pola biblioteca escolar do IES Urbano Lugrís da Coruña coa participación dos departamentos de Galego, Castelán, FOL, Matemáticas, Plástica, Filosofía, Música, e Educación Física.

O PROXECTO

No IES Urbano Lugrís da Coruña convivimos máis de vinte nacionalidades e etnias diferentes. Con este proxecto quixemos poñer en valor esa diversidade fomentando a conversa intercultural a traveso das artes vivas, a gastronomía, a música, a literatura e o audiovisual. Participaron máis de trinta rapaces de difernetes cursos, incluindo ESO, Barcharelato e Ciclos Formativos. Entre todos creamos unha exposición, varios vídeos e o contido dun evento adicado a multiculturalidade e no que houbo concursos, danzas do mundo, lecturas, gastronomía e música.

OBXECTIVOS
· Convertir a diversidade cultural nun valor para mellorar a convivencia
· Xenerar conversación e empatía entre os membros da comunidade educativa
· Aprender dende a diversidade
· Fomentar a creatividade cultural e a capacidade narrativa e artística
· Promocionar o traballo en equipo
· Favorecer o uso de tecnoloxías con fins creativos e didácticos

COMO O FIXEMOS?

COLABORADORES
Os desenvolvemento do proxecto estivo coordinado por Cristina de la Torre. Colaborou con nós o UAMI, Unidade de Asesoramento de Migracións do Concello da Coruña, e tamén o Secretariado Xitano de Galicia. Tamén foi moi importante a complicidade das familias do alumnado.

RECURSOS
· Espazos: biblioteca escolar, salón de actos, hall, ximnasio, aulas
· Tecnoloxía: teléfonos móbiles, cámara de video, iluminación, proxector, ordenador
· Material funxible diverso para a exposición e o evento.

FINANCIAMENTO
· Contratos-Programa da Consellería de Educación
· Fondos propios do centro

CONTACTO

Correo electrónico: lerunmardecontos@gmail.com
Páxina web: Biblioteca IES Urbano Lugrís
Twitter: @IESUrbanoLugrís
Facebook: facebook.com/BiblioLugris

Proxectos relacionados

Empece a escribir e pulse Enter para buscar