CibeRespect
Proxecto de ciberactivismo contra a xenofobia e o odio nas redes IMPULSADO pola ONGd Ecos do Sur e o Institut de Drets Humans de Catalunya.
O PROXECTO
O proxecto parte dunha alianza entre oenegués, asociacións e particulares que traballan para crear redes de actuación contra o discurso xenófobo en Internet e a súa influencia na sociedade. Formando ciberactivistas (adolescentes, mozos e adultos) cun criterio oposto ao discurso do odio. Buscando tamén a inclusión nesa rede de persoas con impacto na opinión pública, como xornalistas, bloggers, community managers ou influencers.
OBXECTIVOS
· Reducir os delitos de odio contra as persoas estranxeiras na Rede e aumentar a conciencia sobre os seus riscos sociais
· Xerar un espazo participativo de traballo e diálogo con diferentes axentes sociais que deseñarán medidas de acción a medio e longo prazo
· Contrarrestar o impacto do discurso do odio (Hate Speech) formando a un grupo de mozos e inmigrantes cibervoluntarios e impulsando o seu activismo social virtual
· Xerar apoio e solidariedade cara os grupos obxecto do odio online, axudando a mudar a percepción social sobre os movementos migratorios
COMO O FIXEMOS?
COLABORADORES
·Oenegués Viraventos, Agareso, SOS Racismo, plataforma EAPN Galicia e Coordinadora Galega de Oenegués
· Colexios de Educadores Sociais e de Xornalistas de Galicia
·Colexio Compañía de María
·IES Montecarrasco, Manuel Murguia e Pastoriza
·CIPF Ánxel Casal e Portavella
·Facultaded de Ciencias da Comunicación (USC), de Sociología e Ciencias da Educación (UdC) e de Comunicación (UVigo)
·Red Acampa
·Proxecto Cooperación Expandida
·Parlamento Galego
·Concellos de A Coruña, Cangas, Santiago, Arteixo e Barcelona
RECURSOS
· Ordenadores
· Material de gravación e edición
FINANCIAMENTO
· Convocatoria de subvencións a proxectos de Acción Social da obra social La Caixa
· Recursos achegados polas propias entidades
· Ingresos xerados con algunhas das actividades
RECOÑECEMENTOS
· Premio de Innovación Social Fundación La Caixa 2017.