Distrito Moas

IMPULSADO dende o IES Monte das Moas da Coruña, baixo a coordinación da biblioteca escolar e a dirección do centro. Coa participación dos departamentos de Lingua Galega, Xeografía e Historia, Inglés e Tecnoloxía.

O PROXECTO

Actividade interdisciplinar coordinada pola biblioteca para realizar un mapa interactivo do barrio onde está situado o centro escolar. O mapa recolle contidos de tipo económico, social, histórico, estrutural e sentimental que definiron o entorno onde vivimos ou traballamos.

OBXECTIVOS
Coñecer, investigar e interpretar a realidade máis inmediata ao alumnado do centro.

PASO A PASO
1. Invitamos ao profesorado que interesado a que reclutasen ó alumnado, que sería o actor principal deste proxecto, facendo a recolleita de información.
2. Realizamos unha primeira reunión con todos os participantes na que expuxemos o obxectivo do proxecto, demos exemplos de mapas interactivos, bibliografía, un calendario de reunións e decidimos a composición dos diversos grupos de traballo.
3. De aí en diante, reunímonos por separado para perfilar as actividades e darlle ao alumnado fichas e guías de traballo, bibliografía e material para o seu desenvolvemento.
4. Posteriormente fixemos varias reunións conxuntas para recoller o material elaborado pola rapazada (vídeos, fotos, arquivos sonoros, textos…).
5. O último paso foi escoller unha plataforma onde subir todos os contidos, facer as correccións pertinentes e publicalo. O proxecto foi presentado en xuño do 2016 ante a comunidade escolar e a prensa local.

COMO O FIXEMOS?

PARTICIPANTES
Participaron máis de cincuenta alumnos e alumnas dende 1º da ESO ata 2º de Bacharelato, integrando a actividade cos contidos curriculares de diferentes asignaturas.

COLABORADORES
O proxecto estivo dirixido pola profesional de comunicación Cristina de la Torre. Nel colaboraron pais e moitos veciños do barrio.

RECURSOS
Os obradoiros realizámolos no salón de actos, a biblioteca escolar e aulas. Boa parte das gravacións desenvolvéronse no barrio, en domicilios, negocios, hortas e rúas. Como material técnico empregamos cámaras de vídeo, teléfonos móbiles e ordenadores. A web aloxouse na plataforma mapme.com onde había unha versión gratuita.

FINANCIAMENTO
· Contrato-Programa da Consellería de Educación
· Recursos propios

CONTACTO

Correo electrónico: bibliomontemoas@gmail.com
Páxina web: http://bibliomoas.blogspot.com.es/

Proxectos relacionados

Empece a escribir e pulse Enter para buscar