Océano Lugrís

Mostra permanente e roteiro sobre Urbano Lugrís IMPULSADO pola dirección do IES Urbano Lugrís da Coruña coa participación de máis de cincuenta persoas entre alumnado e profesorado.

O PROXECTO

Océano Lugrís é unha mostra permanente adicada a Urbano Lugrís ubicada no noso instituto. Creouse no curso 2014-15 cando guionizamos e construimos a exposición. Consolidouse no curso 2015-16, cando creamos unha visita guiada polo alumnado e producimos audioguías. A exposición inclúe instalacións, textos, gráficos, ilustración e podcast, ademais de dinámicas pensadas para convertir a visita guiada nunha experiencia de descuberta do autor. Complétase cun roteiro pola cidade da Coruña polos espazos lugrisáns, con lecturas en cada punto.

O deseño e produción da exposición realizouse nun obradoiro de comunicación e ferramentas TIC liderado pola dirección do centro e o equipo da biblioteca escolar e no que participou alumnado dende 1º da ESO ata 2º de BAC e profesorado de Linguas, Valores, Educación Física, Historia, Matemáticas, Plástica, Bioloxía, etcétera. Para a estrea da exposición invitamos ó IES Urbano Lugrís de Malpica e despois devolvímoslles a visita, nunha experiencia de convivencia e aprendizaxe moi interesante.

OBXECTIVOS

• Implicar ó alumnado na mellora do seu contexto educativo
• Mellorar da comunicación verbal e da autonomía persoal
• Fomentar a creatividade e as competencias narrativa e artística
• Promover o traballo en equipo compartindo obxectivos
• Empregar as tecnoloxías con fins creativos e didácticos

COMO O FIXEMOS?

COLABORADORES
· Cristina de la Torre, dirixindo o obradoiro de comunicación e no deseño gráfico dos elementos da exposición
· Varias empresas do porto de Oza, na cesión de material expositivo
· Colectivo In Nave Civitas, no roteiro pola Coruña: Moncho do Orzán, Teresa Ramiro, Xurso Souto

RECURSOS
· Cámara de vídeo, cámara de fotos, móbiles.
· Ordenadores e programa de edición de vídeo e audio
· Proxector para o obradoiro
· Material funxible diverso: caixas, pintura, cola, silicona, …
· Papel,post-it, corcho, … para o desenvolvemento de contidos
· Bibliografía de e sobre Urbano Lugrís

FINANCIAMENTO
· Contrato-Programa da Consellería de Educación
· Fondos propios do centro

CONTACTO

Correo electrónico: lerunmardecontos@gmail.com
Páxina web: Biblioteca IES Urbano Lugrís
Twitter: @IESUrbanoLugrís
Facebookfacebook.com/BiblioLugris

Proxectos relacionados

Empece a escribir e pulse Enter para buscar