Feira

Documental web sobre a feira tradicional en Galicia REALIZADO polos alumnos de Comunicación Audiovisual da Universidade da Coruña Laura Santos e Jorge Vázquez.

O PROXECTO

FEIRA é un documental que reflicte a realidade da feira tradicional en Galicia nos nosos días. Lonxe das épocas douradas no pasado, hoxe mudan as rutinas, os produtos, a afluencia… mais son as xentes quen as manteñen vivas. Percorrendo feiras nas catro provincias, o documental amosa unha feira diversa como espazo de intercambio social e cultural, ademais de lugar de comercio. O resultado final é un documental web no que se retratan as distintas realidades e vivencias que se dan cita en cada feira.

OBXECTIVOS
· Representar a feira tradicional de Galicia na actualidade
· Abrir un espazo de participación
· Visibilizar o papel da feira

COMO O FIXEMOS?

COLABORADORES
Contou coa colaboración do Colexio de Xornalistas de Galicia e Abanca.

RECURSOS
· Material de gravación e edición
· Software Klynt

FINANCIAMENTO
O proxecto foi RECOÑECIDO coa Bolsa Nacho Mirás para novos titulados, do CPXG e Abanca en colaboración coa USC, na súa segunda edición (2017). A dotación permitiu financiar o proxecto.

CONTACTO

Correo electrónico: feiradocumental@gmail.com
Páxina web:  http://feiradoc.gal/
Ligazóns de software libre: Software Klynt

Proxectos relacionados

Empece a escribir e pulse Enter para buscar