Touch&Play

Proposta educativa vinculada á música electrónica e IMPULSADA polo artista Juanma Lodo pola inquedanza de abrir o seu estudio ó público

O PROXECTO

A través desta proposta, Juanma Lodo busca romper a liña que separa o artista electrónico do público, convidándoo a descubrir o mundo que se atopa detrás da produción da música electrónica, achegando a pequenos e maiores ao mundo que se agocha detrás das “caixas negras con botóns e teclas”. Os asistentes poderán participar, “tocar” (touch) e “tocar” (play) ao mesmo tempo que gozan e aprenden conceptos básicos sobre a produción de música mediante a manipulación de instrumentos electrónicos. Aprender o que é un sintetizador, unha caixa de ritmos, un sampler, un loop, os bpm, os efectos de son… e ata facer música usando froitas.

OBXECTIVOS
Achegar o público a música electrónica e traballar conceptos sobre composición e interpretación a través de instrumentos electrónicos.

RECURSOS
É unha proposta adaptable a calquera espazo. Emprega instrumentos electrónicos, equipo de son profesional, proxector (opcional), mesa amplia (h>1.10m).

EXPERIENCIAS
· Sinsal Audio SL, dando lugar a Sesiones BIP con Juanma LoDo
· Museo MAC formando parte dos concertos Do, Re, Bip

CONTACTO

Correo electrónico: contact@juanmalodo.eu
Web: http://juanmalodo.eu/

Proxectos relacionados

Empece a escribir e pulse Enter para buscar