Aturuxo Films

Proxecto de alfabetización cinematográfica IMPULSADO polo IES de Cacheiras a través das materias de Educación Plástica, Visual e Audiovisual, Cultura Audiovisual e a Biblioteca do centro co obxectivo principal de formar cidadáns críticos.

O PROXECTO

Aturuxo films é un proxecto de alfabetización cinematográfica que se desenvolve curricularmente para todo o alumnado do IES de Cacheiras a través das materias de Educación Plástica, Visual e Audiovisual, Cultura Audiovisual e a Biblioteca do centro co obxectivo principal de formar cidadáns críticos. Esta experiencia está baseada no desenvolvemento da creatividade do alumnado coa produción de obras audiovisuais que fomenta o traballo cooperativo e multidisciplinar coa participación de toda a comunidade educativa e a utilización das ferramentas TIC como elemento imprescindible para o seu desenvolvemento e difusión. Trátase dunha aprendizaxe baseada en proxectos ABP onde o alumnado é un participante activo na elaboración de conceptos e o seu posterior desenvolvemento a través de experiméntaa- ción. O obxectivo é formar cidadáns críticos adaptados a esta sociedade dixital cunha formación co- municativa e non só instrumental ou tecnolóxica..

OBXECTIVOS
· Desenvolver funcións comunicativas da linguaxe cinemtográfica
· Fomento do pensamento creativo
· Traballo cooperativo como elemento de integración entre o alumnado
· Desenvolvemento de habilidades para resolución de problemas
· Planificar actividades e o tempo de forma efectiva
· Manexo das TIC para crear e comunicar ética e legalmente, participando activamente na sociedade do coñecemento
· Abordar temáticas de educación en valores
· Divulgar contidos sociais para facilitar a compresión e enriquecemento

COMO O FIXEMOS?

COLABORADORES
Concello de TEO cunha aportación anual de 300€. Grupo de teatro Chévere participando mas interpretación da curta Persoas.

RECURSOS

Desenvólvese no propio IES co material adquirido nestes anos. Tres cámaras de vídeo compactas e unha semiprofesional. Oito computadoras na aula.

FINANCIAMENTO

Co presuposto do Departamento de Debuxo do IES de Cacheiras (400€), a colaboración do Concello de Teo (300€) e posibles premios ao proxecto ou ás curtas creadas polo alumnado.

RECOÑECEMENTOS

As pezas audiovisuais de Aturuxo Films teñen participado en moitos festivais nacionais e internacionais. Pódense consultar nesta MEMORIA do proxecto. Estes son algúns dos destacados:

· Premio Nacional Spot Año Internacional de ña Astronomía 2009
· OUFF Escola de Ourense nos anos 2009, 2010, 2015, 2016
· Olloboi de Boiro nos anos 2011, 2015, 2016 e 2017
· Mención Timeline Film Festival Milán (Italia) 2010, 2012, 2014
· Premios no Festival Cinema Jove nos anos 2010, 2012, 2014 e 2016
· Premio Nacional Concurso Plan Contigo Ministerio Interior 2012
· Premio Festicortos Córdoba (Argentina) 2013, 2014
· Premio Medio Ambiente International Youth Film Festival 2014
· Premio do Público no certame No Te Cortes 2014
· Premio Linguas Minoritarias Begiradak Festival 2015 e 2017
· Premios nacionais no certame Cinedfest en 2016 e 2017
· Premio Fouciño na categoría de institutos no 2017
· Premios no Emove Festival 2017
· Premios en Cortitos, Festival Internacional de Bellavista (Argentina) en 2016  e 2017

CONTACTO

Sergio Clavero
aturuxofilms@gmail.com

Proxectos relacionados

Empece a escribir e pulse Enter para buscar