O mundo que queremos

Programa IMPULSADO por cinco onegés galegas unidas para achegar a realidade dos países empobrecidos ás aulas galegas. Con actividades de rol, obradoiros de radio e fotografía, teatro e encontros. Forma parte do Plan Proxecta.

O PROXECTO

OMQQ é un proxecto de educación para o desenvolvemento que ten lugar nas aulas de secundaria dos centros educativos galegos. Co OMQQ o alumnado coñece durante as problemáticas que afectan aos países empobrecidos, pero tamén ao seu propio entorno, a través de dinámicas innovadoras e participativas como xogos de rol, obradoiros de radio e fotografía, teatro da oprimida ou recibindo a visita de persoas beneficiarias de proxectos de cooperación.O mundo que queremos (OMQQ) leva xa cinco años achegando a realidade dos países do Sul a máis de dous mil mozas e mozos galegos grazas a unión de cinco onegés: Solidariedade Internacional de Galicia, Asociación Galega de Reporteir@s Solidari@s (Agareso), Educo, Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) e o colectivo 100Tolas, que traballan conxuntamente para fomentar una xuventude máis critica, responsable e participativa.

OBXECTIVOS

O proxecto divídese en varias estacións, con paradas moi diferentes, pero todas deseñadas para que ao final do curso o alumnado teña unha visión máis completa, tanto dos contidos que aborda a cooperación internacional como das ferramentas que teñen na súa man para contribuír á loita contra a desigualdade.

COMO O FIXEMOS?

COLABORADORES
O nosos maiores aliados son os centros educativos onde traballamos

RECURSOS
· Aulas, bibliotecas, salóns de actos dos centros, adaptándonos ó espazo co que contamos.
· Proxector, ordenador, mesa de radio, microfonos e auriculares, altofalantes, cámara fotográfica e trípode…

FINANCIAMENTO
Cooperación Galega: O mundo queremos’ é un proxecto financiado pola Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE, e que forma parte da plataforma de innovación educativa ‘Plan Proxecta’, impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

RECOÑECEMENTOS
Varios dos nosos centros recibiron recoñecementos oficiais pola súa laboura. O último deles foi o IES Pintor Colmeiro de Silleda que recibiu en novembro de 2017 o Premio Provincial á Xuventude en materia de Educación en valores. Para nós son tamén premios importantes cando os rapaces e rapazas logran transformar dalgunha maneira a súa realidade. Por exemplo, na edición do 2016-17 na Pastoriza, os rapaces conseguiron impulsar unha liña de becas do Concello para o transporte do alumnado que quere continuar cos seus estudios.

CONTACTO

Correo electrónico: omqq@agareso.org

Proxectos relacionados

Empece a escribir e pulse Enter para buscar