Bicivai

Proxecto de creación dunha empresa online IMPULSADO polo departamento de Economía do IES Macías O Namorado de Padrón coa colaboración dos departamentos de Plástica, Lingua Galega e Educación Física. Realizado co alumnado de 4º de ESO.

O PROXECTO

Aulas que se conecten con outras disciplinas e co mundo profesional non docente enriquecendo a formación e motivando ó alumnado. Ese foi o principio que inspirou este proxecto destinado ó grupo de 4º de ESO do Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras. Consistiu na creación dunha empresa, unha tenda online de pezas de bicicleta cunha acción parela de creación de comunidade chamado O resucitador de bicis, que se encargaría de restaurar e vender bicicletas en desuso. O alumnado escolleu o nome da marca, creou unha imaxe corporativa, rodou un spot e planificou o seu lanzamento nun evento que se celebrou no propio instituto.

OBXECTIVOS
· Competencia dixital, fomento do uso de tecnoloxías e redes sociais.
· Fomento da creatividade, a capacidade narrativa e as competencias artísticas
· Promoción do traballo en equipo compartindo obxectivos e responsabilidades
· Autonomía e iniciativa personal
· Conectarse co mundo profesional real
· Potenciar as capacidades dun grupo de alumnado moi diverso
· Fomentar a cooperación na comunidade educativa coa rodaxe do spot
· Transmitir valores de respeto medioambiental

COMO O FIXEMOS?

PARTICIPANTES
O proxecto foi desenvolto por María Dolores Docampo cun grupo de quince alumnos e alumnas do Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras. Trátase dunha asignatura optativa que grazas a este dinámica integrou no proxecto contidos doutras disciplinas e conseguindo no alumnado unha moi boa actitude de esforzo e implicación.

COLABORADORES
Contou coa colaboración de Cristina de la Torre que nos asesorou na creación da campaña de comunicación.

RECURSOS
· Material de grabación e edición
· Material funxible diverso para o desenvolvemento da idea
· Proxector, amplificación e iluminación para o evento

FINANCIAMENTO
Contrato-Programa da Consellería de Educación e fondos propios

CONTACTO

Cristina de la Torre
cristinadelatorreh@gmail.com

Proxectos relacionados

Empece a escribir e pulse Enter para buscar