EpdLab – Laboratorio de Educación para o Desenvolvemento

IMPULSADO por Agareso, a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios, é un proxecto centrado na comunicación polo cambio social dirixido a alumnado de centros educativos de secundaria.

O PROXECTO

EpDLab é un proxecto educativo que busca promover unha reflexión colectiva sobre a desigualdade social dende unha perspectiva mediática, así como fomentar o pensamento crítico e motivar a expresividade e a responsabilidade no uso das redes sociais e da web. Desnvólvese ao longo do curso escolar a partires de obradoiros nos que traballamos dende habilidades comunicativas (lectura, compresión, expresión oral e escrita…) ata outras competencias sociais e cidadás, pasando, obviamente, polo traballo con competencias tecnolóxicas e de tratamento da información. Todos estes obradoiro teñen un carácter experimental no que os estudantes crean diferentes contidos de denuncia ou sensibilización a partir de micro-narrativas dixitais como poden ser memes, dobraxes, gifs, fotos ou contrapublicidade.

OBXECTIVOS
· Mellorar a competencia mediática
· Fomentar o espírito critico
· Visibilizar e denunciar as desigualdades
· Motivar as actitudes activas cara á construción dunha sociedade más xusta e equitativa

COMO O FIXEMOS?

PARTICIPANTES
Ademais dos grupos estudantes dos centros galegos, 5 IES por cada edición, cada ano participou un centro de ensino secundario de El Salvador.

RECURSOS
Os obradoiros realizanse nos centros educativos co equipamento habitual. Para as prácticas con móbil empregábanse ou ben os dispositivos do propio alumnado ou do persoal técnico e docente se fora preciso.

FINANCIAMENTO
Cooperación Galega: convocatoria de proxectos de educación para o desenvolvemento

CONTACTO

Correo electrónico: jepd@agareso.org

Proxectos relacionados

Empece a escribir e pulse Enter para buscar