Detiati

IMPULSADO polo departamento de orientación e a profesora que impartía clase de Educación para a Cidadanía (LOE) no 2ºESO do IES Fin do Camiño de Fisterra, contando coa colaboración puntual doutros departamentos (Tecnoloxía, Lingua Castelá, Bioloxía e Xeoloxía).

O PROXECTO

Un proxecto posto en práctica no IES Fin do Camiño de Fisterra, durante o curso escolar 2015-16, que seguiu unha metodoloxía de Aprendizaxe e Servizo Solidario (APS). Desenvolveuse nunha clase de 20 alumnos de 2ºESO, moi polarizada en canto a rendemento académico, conflitiva e pouco cohesionada. Tratábase de crear materiais de concienciación (vídeos e presentacións) elaborados por e para os mozos sobre cinco temas sociais que logo expuxeron ao alumnado de menor idade e compartíronse nas súas redes sociais. O proceso de traballo e os recoñecementos obtidos axudaron a empoderar ao alumnado, elevar as súas expectativas e mellorar a convivencia.

OBXECTIVOS
· Fomentar o traballo en equipo e a convivencia do grupo
· Motivar as aprendizaxes propias de Educación para a Cidadanía
· Empoderar ao alumnado, especialmente a aquel en grave risco de abandono escolar
· Desenvolver pequenos proxectos de Aprendizaxe e Servizo Solidario buscando espazos dentro do periodo lectivo onde desenvolver iniciativas de axuda entre iguais e de mellora da convivencia

COMO O FIXEMOS?

COLABORADORES
Contaron coa colaboración dos profesionais de Gingko, que actuaron na asesoría técnica e na formación audiovisual do alumnado.

RECURSOS
· Material de gravación e edición (cámara, gravadora de audio, programa de edición, etc)
· Material funxible diverso (cartulinas, rotuladores, etc) para os vídeos en time-lapse
· Recursos propios (fichas, etc) para a elaboración das presentacións, guións para a búsqueda de información en internet, elaboración dos guións e storyboard, etc.

FINANCIAMENTO
· Programa de agrupación de centros do MEC (PROMECE) sobre Aprendizaxe e Servizo Solidario (APS) coordinado nos cursos 2014-15 e 2015-16 polo IES Fin do Camiño de Fisterra.
· Proxecto Cibermentores financiado pola Fundación Barrié.
· Liña 3 do Contrato-Programa da Consellería de Educación, adicada á implantación de estratexias de axuda entre iguais.

RECOÑECEMENTOS

· Cibermentores foi recoñecido co Premio aos proxectos escolares 2016 da Fundación Barrié.
· O vídeo “Cibermentores, pasa do ciberbullying, usa internet con bo gusto” resultou gañador do certame: “2016, O reto do acoso escolar” na categoría audiovisual, convocado pola asociación Arela.
· Polo vídeo promocional de Quérote + o centro recibiu a visita e o recoñecemento da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. O seu vídeo está colgado na páxina da Axencia Europea do Voluntariado
· Fisterra Dona foi premiado pola Consellería de Sanidade e a Agencia Galega de Transfusión de Sangue como a mellor iniciativa de fomento da doazón de Sangue 2016.

CONTACTO

Proxectos relacionados

Empece a escribir e pulse Enter para buscar