Proxecto Regueifa

IMPULSADO polo CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco, este documental web recupera a memoria dos catro regueifeiros máis famosos da vila. Inclúe un roteiro, pezas audiovisuais, arquivos de audio e creación literaria e artística.

O PROXECTO

Este web-doc reivindica a cultura popular de Coristanco, centrándose nos catro regueifeiros máis famosos do concello, xa falecidos. A web inclúe entrevistas a familiares, audios, vídeos e un roteiro interactivo. Foi un proxecto interdisciplinar, con traballos de investigación, documentación, expresión artística e produción audiovisual. Como traballo colaborativo e integrador, tamén incluiu un día de convivencia entre alumnado e profesorado facendo o roteiro entre as casas dos catro regueifeiros máis famosos da vila.

OBXECTIVOS
· Mellorar a convivencia do centro
· Descubrir e por en valor a cultura local
· Desenvolver no alumnado competencias de produción audiovisual
· Mellorar o traballo interdisciplinar no centro

PARTICIPANTES
Proxecto transversal no que participou a maior parte do alumnado, dende 5º de Primaria ata 4º da ESO, cunha maior implicación dos grupos de 6º de Primaria e 1º da ESO na documentación e realización audiovisual. Por parte do profesorado, estivo coordinado polo equipo directivo do centro coa colaboración activa dos departamentos de Tecnoloxía, Plástica, Historia, Lingua Galega e Educación Física. 

COMO O FIXEMOS?

RECURSOS
O proxecto desenvolveuse maioritariamente no centro, empregando o salón de actos, a biblioteca e o patio. Incluiu un día de roteiro ó aire libre, percorrendo oito quilómetros pola contorna de Coristanco.
Na parte tecnolóxica, empregáronse cámaras, micrófonos, móbiles e ordenadores. A web creouse sobre a plataforma atavist.com

COLABORADORES
O proxecto estivo dirixido por Cristina de la Torre (@lamujerforzuda). Lara Torres e Diana Rodeiro, da Cooperativa Cultural 7H, realizaron un mural co alumnado. O Concello de Coristanco colaborou proporcionando apoio de Protección Civil e un equipo de amplificación para o roteiro. Tamén axudaron o CFR de Carballo, o escritor Xan Fernández, os regueifeiros Lupe Branco, Suso de Xornes e Antonio de Xornes, e familiares dos protagonistas do roteiro.

FINANCIAMENTO
· Contratos-Programa da Consellería de Educación
· Fondos propios do centro

RECOÑECEMENTOS
O proxecto foi seleccionado para unhas xornadas de boas prácticas educativas organizado polo CFR, o Centro de Formación e Recursos do profesorado

CONTACTO

Proxectos relacionados

Empece a escribir e pulse Enter para buscar