Facemos a nosa televisión

Proxecto de televisión escolar IMPULSADO polo CPI Aurelio Marcelino Rey García (Cuntis) coa formación facilitada por Illa Bufarda.

O PROXECTO

No CPI Aurelio Marcelino Rey García de Cuntis decidiron apostar polo audiovisual en formato televisivo e adquiriron o material técnico preciso para que o alumnado puidera traballar as materias de xeito transversal na súa propia televisión. En total, foron oito horas de formación. Na primeira sesión, traballouse a introdución á linguaxe audiovisual, aos xéneros e formatos televisivos e ao guión. Na segunda sesión, practicouse co equipo técnico do centro. Na terceira sesión, o alumnado aprendeu a editar nas tablets coas que gravaron.

O proxecto púxose en práctica co alumnado de 1º e 2º da ESO. En total, 55 persoas acompañadas do seu profesorado. Tralo obradoiro desenvolvido por Illa Bufarda, o centro escolar  habilitou a súa propia canle de YouTube.

 

OBXECTIVOS
· Aprender e experimentar o proceso de videocreación
· Valorar os formatos televisivos como ferramentas expresivas
· Asumir a responsabilidade dun traballo en grupo a través dos roles
· Fomentar a creatividade colectiva
· Crear e fortalecer os vínculos do grupo participante
· Nutrir e valorar as historias propias para afianzalas como referente

COMO O FIXEMOS?

COLABORADORES
Contou co asesoramento de Illa Bufarda, que traballou na asesoría técnica e na formación audiovisual do alumnado.

RECURSOS
· Material de gravación e edición
· Aula multiusos equipada con proxector, pantalla e escenario
· Espazos do centro escolar para as gravacións

FINANCIAMENTO
· O proxecto financiouse con fondos do CPI Aurelio Marcelino Rey García

CONTACTO

Proxectos relacionados

Empece a escribir e pulse Enter para buscar