Amores Prohibidos 2.0

Obra de teatro participativa e interactiva, adaptada a Internet e ás redes sociais, IMPULSADA por Chévere Producións no 2012 coa COLABORACIÓN da comunidade educativa do IES A Cachada (Boiro)

O PROXECTO

Amores Prohibidos 2.0, un proxecto de teatro comunitario e educativo -pero tamén unha investigación sobre narrativas transmedia e unha web serie- é unha adaptación do Romero e Xulieta de Shakespeare na que os protagonistas son o alumnado (24 adolescentes de entre 13 e 16 anos) dun instituto dunha vila galega no ano 2012. As disputas de Capuletos e Montescos trasládanse ao patio do colexio, dividido, segundo a visión do presidente da Xunta naquel momento, no conflito entre o alumnado nacionalista que fala galego e o non-nacionalista que fala castelán.

A obra transcorreu en cinco días, como no orixinal, pero contada en tempo real e sen interrupcións, despois de varios meses de traballo. Reducíronse os personaxes aos seis principais, para facilitar o seguemento a través das redes sociais, e incorporouse a figura de Xespir como comunity manager. O resultado foi un relato transmedia, espontáneo e flexible, construído en proceso con aportacións dos guionistas e os rapaces e rapazas participantes, así como do público, que influiu directamente nunha maior proxección dalgúns personaxes.

 

OBXECTIVOS

· Crear un teatro virtual, representando a través da rede
· Acceder a públicos usuarios das TIC  alleos ao teatro
· Aumentar a interacción de guionistas/actores e público e explorar novos formatos
· Cultivar a tolerancia e o traballo en equipo
· Estimular o debate e a crítica construtiva e razoada
· Contribuír á creación dun sentemento de comunidade
· Fomentar o interese polo teatro e a creación

COMO O FIXEMOS?

COLABORADORES
Chévere contou coa colaboración dun grupo de profesionais do teatro, o xornalismo e as redes sociais, así como do profesorado do EIS A Cachada e de pais e nais.

RECURSOS
· Recursos propios do EIS A Cachada (espazos do centro, ordenadores, material audiovisual, …)
· Material audiovisual complementario
· Recursos propios de Chévere (persoal, local de ensaio, …)

FINANCIAMENTO
· Axuda da Xunta a proxectos audiovisuais interactivos
· Achegas propias de Chévere Producións

CONTACTO

Proxectos relacionados

Empece a escribir e pulse Enter para buscar