O patio que queremos

Proxecto para repensar o espazo de recreo implicando a toda a comunidade educativa e IMPULSADO polo CEIP Coirón-Dena, en Meaño

O PROXECTO

O proxecto persegue reformar parte do patio de recreo para crear zona de xogos natural, dotándoa doutros elementos, por exemplo, de troncos, pedras e area para que os nenos poidan facer un bo desenvolvemento social, motor e sensorial. A idea é involucrar a toda a comunidade educativa nun proxecto no que sexan os propios nenos os que deseñen o seu patio e aproveitar funcionalmente o currículo educativo a través dun proxecto real e significativo para os nenos.

OBXECTIVOS
· Coñecer outras formas de xogar e outros xogos
· Analizar ao que xogamos no patio e reflexionar sobre que nos gusta e que non
· Deseñar o noso patio entre todos, obtendo información de distintas fontes
· Que o patio sexa un espazo para todos e todas
· Implicar ás familias, ao Concello, a ANPA… no desenvolvemento deste proxecto

COMO O FIXEMOS?

COLABORADORES
ANPA do centro, Ludantia e Taller Abierto. Todos aportaron o seu gran de area ben sexa na organización, dando a coñecer o proxecto ou axudando na organización

RECURSOS
Todos os espazos do centro. E para a grabación do videoclip dsitintos espazos do noso Concello e arredores. Usamos medios dixitais para grabación e difusión de distintos documentos (presentacións, videoclip, cartas…).

FINANCIAMENTO
Estamos aínda buscando financiamiento a traveso de distintas accións do centro, falando coas administracións, empresarios do Concello, participando en concursos…

RECOÑECEMENTOS
1º Premio do OUFF Escola do Festival do cine de Ourense polo videoclip Quero un patio novo

CONTACTO

Mª Cruz da Silva Rubio, Directora do Ceip Coirón-Dena
Correo electrónico: ceip.coiron.dena@edu.xunta.es

Proxectos relacionados

Empece a escribir e pulse Enter para buscar