Somos migrantes
Unha reflexión colectiva sobre os procesos migratorios IMPULSADA por Achégate ao Sur (Concello de Vigo), coa COLABORACIÓN dos profesionais de Gingko, que actuaron na asesoría técnica e na formación audiovisual do alumnado
O PROXECTO
Ao longo de tres obradoiros, un grupo de 2º da ESO do IES de Beade (Vigo) desenvolveu unha tarefa de investigación e reflexión colectiva ao redor dos procesos migratorios, principalmente nas persoas refuxiadas, e o seu resultado foi exposto nunha exposición itinerante da fundación Entreculturas, que levou o mesmo nome que o proxecto. O resultado foi publicado nun mapa interactivo con vídeos e pósters sobre diferentes rutas migratorias do mundo.
OBXECTIVOS
- Desenvolver habilidades de busca e xestión da información dixital, principalmente de medios de comunicación
- Promover o pensamento crítico e a empatía cara aos colectivos vulnerables
- Traballar as habilidades expresivas e comunicativas, así como as competencias de lectura con formatos audiovisuais, principalmente a fotografía
- Fomentar dinámicas de traballo e debate en grupo
COMO O FIXEMOS?
COLABORADORES
Contou coa colaboración da fundación Entreculturas, que facilitou fotografías con boa resolución para ser reutilizadas e reinterpretadas polo alumnado no obradoiro. O resultado da actividade foi incluído na súa exposición itinerante Somos migrantes.
RECURSOS
· Un PC con conexión a Internet e un móbil para cada 3 alumnos ou alumnas
· Un mapa aberto de Mymaps
· Unha app para editar vídeos no móbil (por ex VideoShow) e unha app para gravar son
FINANCIAMENTO
Actividade financiada por Impórtanos, da concellería de Cooperación Internacional e Solidariedade do Concello de Vigo
CONTACTO
Correo electrónico: importanos@importanos.org
Páxina web: https://gingko.atavist.com/todos-somos-migrantes


