A muller e os espazos
Obradoiro de videocreación e xénero IMPULSADO polo IES A Sangriña (A Guarda) e DESENVOLVIDO por Illa Bufarda.
O PROXECTO
Un proxecto posto en práctica no IES A Sangriña (A Guarda) ao longo de 36 horas, distribuídas en varios meses, cun grupo de 4º da ESO co que se fixo a curtametraxe “A supercapa”. Esta curta foi o resultado dun obradoiro cuxo obxectivo era realizar unha creación audiovisual conxunta nas fases de preprodución (idea, guión e preparación da gravación) e gravación. O tema transversal foi a igualdade de xénero. Para isto estruturouse o contido baixo o título “A muller e os espazos”, xa que daba pé a tratar a situación da muller nos ámbitos público e privado.
O grupo participante caracterizábase pola súa diversidade e por ter unha maioría de adolescentes pouco interesados nas materias do seu curso. A directora do centro quería ofrecerlles actividades que despertaran a curiosidade, como unha horta, un ciclo de mecánica e este obradoiro, que estivo precedido por outro sobre os medos que serviu como punto de partida para consensuar normas e traballar conceptos que logo se reflectiron en “A supercapa”.
OBXECTIVOS
· Aprender e experimentar o proceso de videocreación
· Cuestionar os referentes audiovisuais
· Profundar na igualdade de xénero
· Fomentar a creatividade colectiva
· Crear e fortalecer os vínculos do grupo participante
· Nutrir e valorar as historias propias para afianzalas como referente
· Divertirse
COMO O FIXEMOS?
COLABORADORES
Contou coa colaboración do grupo musical Ual·la cedendo o seu tema “Sexy” para o making of de “A supercapa”.
RECURSOS
· Aula do centro de ensino (con cadeiras, mesas, pizarra e proxector)
· Espazos do centro para a gravación
· Material audiovisual e funxible
FINANCIAMENTO
· IES A Sangriña
CONTACTO
Correo electrónico: info@illabufarda.gal
Páxina web: http://illabufarda.gal/Formacion/8-horas


