Namorados no solpor
Proxecto IMPULSADO pola titora dunha das aulas de Infantil do CPR plurilingüe Andaina (Culleredo) co apoio de profesionais de diferentes disciplinas artísticas.
O PROXECTO
“Cantigas de Amigo: Namorados no Solpor” é un proxecto de proxectos, xa que se desenvolveu ao longo do curso escolar (2016-17) de xeito transversal e foi medrando coas necesidades emerxentes que marcou o alumnado. Neste proceso, o docente (neste caso Natalia Noval, impulsora do proxecto) foi un facilitador non experto. Da man de profesionais vinculados a diferentes eidos artísticos o alumnado traballou en torno ás cantigas de amigo, plasmando o proxecto creativo e o seu resultado final en formato audiovisual .
OBXECTIVOS
· Mellorar a cohesión grupal en canto a convivencia, resolución de conflitos, asertividade, participación activa, a cooperación, o valor da diferenza e o compromiso
· Aproximarse á literatura da man da poesía
· Ampliar a comunidade de investigación da aula ás familias, centro, e Concello
· Mellorar os procesos de xestión de aula: escoita, respecto ao outro, traballo en equipo e uso das boas maneiras na comunicación
· Aproximación á poesía tradicional de forma máis ou menos crítica
· Traballar a identificación das emocións e a reflexión crítica ante condutas discriminatorias, inxustas e estereotipos de xénero
· Favorecer o empoderamento do alumnado e a necesidade de ser parte activa da súa comunidade
· Elaborar unha cantiga usando diferentes linguaxes: escritura, música, escultura ou audiovisual
COMO O FIXEMOS?
COLABORADORES
Contou coa colaboración de Yolanda Castaño (poeta y crítica literaria), Pablo Díaz (músico), Salvador Corroto (director de Atlántica Centro de Arte), Emile Gireau (escultor), Gingko (audiovisual), biblioteca Durán Loriga, Xaneco Tubío e programa Refugallando (Consorcio das mariñas).
RECURSOS
· Obradoiro de construcións de xoguetes sonoros
· Obradoiro de elaboración de papel
· Obradoiro de poesía
· Obradoiro “Musicar unha Cantiga”
· Obradoiro de escultura
· Obradoiro de elaboración dun traballo audiovisual
FINANCIAMENTO
· O proxecto educativo conta con orzamento para desenvolver os proxectos e actividades complementarias de cada aula
CONTACTO
Correo electrónico: natalianoval@andaina.com
Páxina web: http://www.andaina.com/gl/novidades/cantigas-de-amigo