Urbanismo emocional
Proxecto audiovisual e web para a veciñanza IMPULSADO pola Concellería de Cultura do Concello das Pontes e DESENVOLVIDO por Video DinamizARTE.
O PROXECTO
O proxecto posto en práctica nas Pontes partiu da análise dos espazos urbanos, comúns para todos os habitantes da vila, pero á vez únicos para cada un dos nove veciños e veciñas en idade adulta que participaron na proposta. Compartir as súas distintas visións da contorna reforzou a comunidade e serviu para retratar dun xeito emocional os espazos da vila, a través dunha web e dos vídeos feitos pola veciñanza que formou parte do proxecto.
OBXECTIVOS
· Elaborar percorridos cotiás a través da creación audiovisual
· Compartir percepcións e vivencias e reforzar así a comunidade
· Ofrecer unha ollada distinta das Pontes aos visitantes da web que completa o proxecto
COMO O FIXEMOS?
COLABORADORES
Video DinamizARTE desenvolveu o proxecto coa veciñanza, que traballou de xeito activo na súa realización.
RECURSOS
· Aula CEMIT con proxector
· Ordenadores (propios e da aula)
· Conexión a Internet
FINANCIAMENTO
· Concello das Pontes
CONTACTO
Correo electrónico: info@videodinamizarte.com
Páxina web: http://www.urbanismoemocional.com/