Animamos a tradición oral con plastilina

IMPULSADO pola Rede de Bibliotecas de Galicia e DESENVOLVIDO por Illa Bufarda.

O PROXECTO

Tomando como base historias da tradición oral de cada concello ou lugar participante, traballouse todo o proceso de animación e creación dunha  historia a través da técnica do stop-motion con plastilina. Neste obradoiro (a desenvolver en colexios de infantil e primaria, bibliotecas,…) de 3 horas, o alumnado (de 3 a 11 anos) levou a formatos dixitais e creativos historias de sempre para reactualizalas, co obxectivo de preservar a tradición oral de cada lugar. O alumnado elaborou os escenarios e os personaxes, realizou a animación, deulle voz aos/ás protagonistas da historia e construíu o universo sonoro da peza audiovisual..

OBXECTIVOS
· Coñecer todo o proceso de creación dunha curtametraxe de animación
· Descubrir a técnica do stop-motion, orixe da cinematografía
· Aprender a tradición oral de cada lugar e achegárllela ao público infantil dun xeito creativo e ameno
· Obter un resultado que perdure a modo de rexistro de historias da nosa tradición oral

COMO O FIXEMOS?

RECURSOS
· Aula coa luz controlable, proxector e mesas amplas
· Iluminación, cámaras e material funxible (aportado por Illa Bufarda)

FINANCIAMENTO
· A través do programa  da Xunta de Galicia Letras Vivas (máis tarde denominado Ler Conta Moito) que co-financia as formacións, conxuntamente cos concellos contratantes.
· Concellos de Mesía, Rois, Salvaterra de Miño, Vilasantar e Santiago de Compostela (neste último caso sen cofinanciación)

CONTACTO

Proxectos relacionados

Empece a escribir e pulse Enter para buscar