VÍDEO PARTICIPATIVO – 22OUFF

Obradoiro audiovisual de acción social IMPULSADO pola directiva da 22 edición do OUFF, Festival de Cine Internacional de Ourense, en colaboración coa dirección do Centro de Menores A Carballeira de Ourense.

O PROXECTO

Trátase dunha actividade de comunicación inclusiva e acción social a partir da metodoloxía do vídeo participativo. Na actividade, iniciativa do OUFF, participou o CEM A Carballeira de Ourense, que forma parte da rede de protección de menores da Xunta de Galicia; así, 15 mozos de entre 12 e 17 anos convertéronse nun colectivo co que traballar pola participación activa, pola autoestima e polas relacións grupais. Como resultado deste proceso elaboráronse 4 curtametraxes, todas baixo a premisa “Imaxina que…”, que foron presentadas no marco da 22 edición do festival. Tamén se elaborou un blog a modo de diario da actividade.

OBXECTIVOS
Esta actividade buscaba expandir as accións do OUFF (Festival de Cine Internacional de Ourense) máis aló das salas de proxección, que a actividade creativa fose posible en moitos recunchos de Ourense e que a cidade fose partícipe do festival. Os obxectivos básicos do obradoiro eran construír novas ligazóns entre as persoas do grupo participante e reforzar a autoestima.

COMO O FIXEMOS?

COLABORADORES
Os especialistas en comunicación e educación Gingko foron quenes guiaron o proxecto e impartiron o obradoiro aos rapaces e rapazas.

RECURSOS
Os equipos e espazos empregados na actividade foron cedidos por La Molinera, Centro de Innovación Social Dixital de Ourense.

FINANCIAMENTO
O Festival de Cine de Ourense (OUFF) financiou directamente a actividade.

CONTACTO

Correo electrónico: info@ouff.org

Proxectos relacionados

Empece a escribir e pulse Enter para buscar