Videopoesía en Zadar

Obradoiro de videopoesía creativa IMPULSADO polo Lectorado Galego da Universidade de Zadar (Croacia) e DESENVOLVIDO por Illa Bufarda.

O PROXECTO

Obradoiros creativos no contexto das Xornadas Culturais da Universidade de Zadar no ano 2015, organizadas polo seu Centro de Estudos Galegos. Tomando como base dous poemas da literatura contemporánea galega (“Fogar Carnívoro I” de Elvira Riveiro e “Televisión” de Manolo Rivas) as alumnas crearon unha escena para a elaboración dun videopoema coa técnica stop-motion combinada coa colaxe. Tamén fixeron a locución en galego e a súa subtitulación posterior ao croata. O grupo participante estaba composto só por mulleres, estudantes na Facultade de Linguas Hispanorromanas que cursaban como materia optativa o galego. Comunicábanse perfectamente en castelán e tiñan moi unha boa comprensión oral e escrita de galego.

OBXECTIVOS
· Traballar en galego contidos da literatura galega contemporánea a través da creación plástica e audiovisual
· Poñer en contacto ao alumando con docentes galegofalantes e establecer pontes lingüísticas entre o croata e o galego
· Coñecer todo o proceso de creación dunha curtametraxe de animación stop-motion
· Experimentar coa técnica de stop-motion con papel

COMO O FIXEMOS?

RECURSOS
· Aula con luz controlable e mesas amplas
· Material técnico: equipos informáticos, cámara e trípodes (aportado por Illa Bufarda)
· Material funxible (aportado por Illa Bufarda)

FINANCIAMENTO
O proxecto foi impulsado polo Centro de Estudos Galego de Zadar (Croacia) a través do Lectorado de Lingua, Literatura e Cultura galegas, coa colaboración da Xunta de Galicia

CONTACTO

Proxectos relacionados

Empece a escribir e pulse Enter para buscar