A Lus do Mundo

IMPULSADO dende o IES Poeta Díaz Castro, liderado pola dirección do centro e coa participación d e toda a comunidade educativa, espcialmente o alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO e o profesorado de música, lingua, matemáticas e filosofía.

O PROXECTO

A Lus do Mundo é o nome do documental co que no ano 2013 quixemos poñer en valor a figura do poeta Xosé María Díaz Castro, que lle dá nome ó instituto, reivindicando que se lle adicasen as Letras Galegas do 2014. Así foi e, dende entón, a Lus do Mundo é un proxecto integral de innovación educativa no que a tecnoloxía é a nosa aliadas para crear, compartir e mellorar coñecementos e competencias, tanto no alumnado como no profesorado.

Na páxina web temos cancións en formato karaoke, documentais, unha película de ficción, roteiros, videopoemas, radioteatro… Moitos formatos e contidos diferentes que cada ano se van multiplicando nunha experiencia que aínda que partiu de Díaz Castro, foise adaptando ás novas realidades e obxectivos do centro.

OBXECTIVOS
· Proxectar ó poeta Xosé María Díaz Castro e a Guitiriz
· Promover o coñecemento do propio e a autoestima
· Que o alumnado sexa protagonista do proceso educativo
· Familiarizarnos con ferramentas e narrativas audiovisuais
· Fomentar o traballo colaborativo e en equipo
· Facer aulas fóra do aula, integrados co entorno
· Vincular os coñecementos entre diversas materias
· Mellorar o intercambio de experiencias entre departamentos
· Compartir as nosas experiencias con quen quixera replicalas
· Facilitar o traballo por proxectos

COMO O FIXEMOS?

COLABORADORES
A coordinación correu a cargo de Cristina de la Torre. Na realización do documental A Lus do Mundo e da película Os camiños esquencidos colaboraron: AACC Xermolos, a coreógrafa Rut Balbís, os músicos Sandra Tenreiro e Pablo Seijas, os realizadores Carlos Regueira e Pío Cribeiro, o grupo de gaitas Folquiada, o Concello de Guitiriz, a Asociación Ecuestre de Guitiriz, o CEIP da Capela, o Bar Gaibor e moitos veciños, pais, nais e alumnado do centro.

RECURSOS
· Material de grabación: cámaras, focos, trípodes, micrófonos
· Material de edición: ordenadores, software
· Proxector, pizarra, papel, post-its, para os obradorios

FINANCIAMENTO
· Contratos Programa da Consellería de Educación
· Área de Cultura da Deputación de Lugo

RECOÑECEMENTOS
· O IES Poeta Díaz Castro recibiu o Premio Nacional de Educación 2015-16 polo seu proxecto A Lus do Mundo
· Tanto o documental como a película foron proxectadas en Lugo e A Coruña, ante preto dun millar de alumnos e alumnas
· Os Camiños Esquencidos recibiu o Primeiro Premio do OUFF Escola 2016 e un premio tamén no Festival Olloboi 2016

CONTACTO

Correo electrónico: es.diaz.castro@edu.xunta.es
Páxina web: alusdomundo.com
Twitter: @alusdomundo
Facebookfacebook.com/alusdomundo

Proxectos relacionados

Empece a escribir e pulse Enter para buscar