Youtubeir@s

Proxecto de dinamización lingüística na Rede IMPULSADO polos servizos de normalización lingüística de varios concellos (A Baña, Ames, Carballo, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Teo, Santiago de Compostela e O Grove), a Deputación da Coruña e as tres universidades galegas.

O PROXECTO

O proxecto Youtubeir@s nace coa vontade de promover e visibilizar o uso do galego con vídeos de opinión e videotitoriais a través de YouTube, unha das redes sociais máis influíntes do momento. Dende vídeos sobre que opina alguén das bolsas de férula de pataca ata como amplificar o sinal da Wi-Fi cunha lata. Ademais dos Premios Youtubeir@s, o proxecto inclúe actividades de visibilización d@s creadores, formacións específicas, xeración de contidos nas redes sociais e establece sinerxias con festivais e outros proxectos culturais galegos.

Youtubeir@s está dirixido a tódalas persoas maiores de catorce anos. Como novidade con respecto á primeira edición destaca a #propostayoutubeira, na que o público propón e vota os vídeos en galego que máis lle gustan do YouTube. As formacións realízanse nas áreas de influencia das entidades organizadoras e teñen un público específico dependendo do tipo de obradoiro. Poden ser persoas maiores de sesenta anos non dixitalizadas ou persoas maiores de catorce anos cunha dixitalización básica.

 

OBXECTIVOS
· Normalizar a lingua galega nas redes sociais, sobre todo no YouTube
· Valorar os contidos propios
· Fomentar o audiovisual como ferramenta comunicativa
· Empoderar dixitalmente
· Fomentar as licenzas libres
· Nutrir a idea colectiva de que tod@s temos moito que contar
· Aportar ferramentas comunicativas
· Aprender e experimentar o proceso de videocreación

COMO O FIXEMOS?

COLABORADORES
Conta coa colaboración de Antía Otero como axudante de produción e Alberto Ramos en comunicación e prensa. Na gala de entrega dos Premios: Pilar Abades como fotógrafa, Brân González como cámara e técnico de streaming, Gema Santos como intérprete en lingua de signos e a compañía teatral A Panadaría como condutora do evento. Illa Bufarda encárgase das tarefas formativas.

RECURSOS
· Unha aula con cadeiras, mesas, ordenadores, proxector e pantalla
· Ordenadores portátiles d@s participantes (no caso dos obradoiros dirixidos á mocidade)

FINANCIAMENTO
· Concellos de A Baña, Ames, Carballo, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Teo, Santiago de Compostela e O Grove
· Deputación da Coruña
· Universidades de Vigo, A Coruña e Santiago

CONTACTO

Proxectos relacionados

Empece a escribir e pulse Enter para buscar