Galaxia Casares

Proxecto de creación e innovación educativa IMPULSADO polo equipo de Dinamización Lingüística, Departamento de Plástica, Visual e Audiovisual e Departamento de Lingua Galega do IES Carlos Casares de Vigo.

O PROXECTO

Aproveitando que Carlos Casares era o autor homenaxeado nas Letras Galegas do 2017, dende o instituto embarcámonos no proxecto Casariándonos, unha iniciativa multidisciplinar baseada no fomento da creatividade, o uso das linguas e a aprendizaxe por competencias. Realizamos vídeos, roteiros, albumes ilustrados, e xogos para a infancia, facendo que o noso alumnado afondase na vida e obra de Casares a través dunha aprendizaxe activa e cunha metodoloxía por proxectos.

Plantexamos a lingua galega como un idioma útil, moderno e que nos define como galegos. Tamén fomentamos a oralidade, sobre todo con formatos audiovisuais: entrevistas, curtas, informativos; e o o emprego doutras linguas, organizando e guiando actividades en diferentes idiomas: galego, castelán, inglés e francés.

OBXECTIVOS
· Fomentar a oralidade en ligua galega en novos contextos
· Motivar e proxectar a comunidade educativa
· Consolidar equipos docentes que innovan currículos
· Unificar os criterios de avaliación entre os departamentos
· Mellorar a formación nas TIC de profesorado e alumnado
· Fomentar a creatividade.
· Potenciar a aprendizaxe baseada en proxectos.
· Facilitar a empatía e implicación do alumnado cos proxectos
· Mellorar o noso centro educativo.

COMO O FIXEMOS?

COLABORADORES
· Cristina de la Torre no asesoramento de uso de ferramentas TIC
· Concello de Moaña
· Fundación Carlos Casares
· Consello da Cultura Galega
· Fundación Penzol
· Editorial Galaxia
· Café Vitruvia.

RECURSOS
· Material de grabación e edición: cámara, trípode, focos, micrófonos, grabadora de audio, programa de edición.
· Impresora 3D
· Lonas, pinturas, etc.

FINANCIAMENTO
· Concello de Vigo
· Dirección Xeral de Política Lingüística.
· Plan Proxecta da Consellería de Educación
· Contrato Programa da Consellería de Educación

RECOÑECEMENTOS

RECOÑECEMENTOS
· II Premio Proxecta 2017
· Premio Carteis Letras Galegas 2017
· Premio de Innovación en Dinamización Lingüística, 2017

PARTICIPANTES
O grupo que formou parte deste proxecto é moi amplo. Abrangue profesorado de diferentes disciplinas: Matemáticas, Tecnoloxía, Lingua castelá, Inglés, Francés, Plástica, Bioloxía e Ciencias Sociais. Participou alumnado de toda a Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato.

CONTACTO

Páxina web: https://galaxiacasares.wordpress.com

Proxectos relacionados

Empece a escribir e pulse Enter para buscar