Arquetipas en acción!
Obradoiro de videocreación para a mocidade IMPULSADO por Cidadanía Rede de Aplicacións Sociais S. Coop. Galega, Lilith Acción Social e Educativa e Illa Bufarda.
O PROXECTO
O proxecto (“Cambiamos os contos e os seus arquetipos narrativos”) desenvolveuse en centros educativos e bibliotecas de concellos na fronteira entre Galicia e o norte de Portugal, nos que se crearon catro grupos de traballo (de 20 persoas cada un) compostos por mozas e mozos de entre 13 e 16 anos.
Tratouse dun obradoiro de videocreación para a realización dunha curtametraxe colectiva sobre a adaptación do conto da Cincenta, “La Cenicienta que no quería comer perdices”, de Nunila López Salamero e Miriam Cameros Sierra. A través desta creación, os participantes traballaron na identificación de arquetipos narrativos machistas nas historias universais e aprenderon a crear historias máis xustas.
OBXECTIVOS
· Traballar arredor dos estereotipos narrativos dos contos cunha perspectiva de xénero, analizando roles que se reiteran nos contos tradicionais
· Cambiar a historia e facela propia, con outros personaxes máis igualitarios e xustos
· Coñecer o proceso creativo audiovisual e formar parte del
· Que o alumnado se sentira partícipe dunha obra colectiva entre Galicia e Portugal
· Aprender e experimentar o proceso de videocreación
· Fomentar a creatividade colectiva
COMO O FIXEMOS?
COLABORADORES
Contou coa colaboración de María Fidalgo, quen colaborou coa tradución dos guións ao portugués, así como de Proxecto Mourente, Magritte e Asembly Point, que colaboraron con pezas musicais cedidas para a edición do vídeo. O proxecto foi programado a través dos CEDIM (Centros de Dinamización Integral para as Mulleres en Galicia- Norte de Portugal) de Monterrei, A Cañiza, Tui e Vilaverde (Portugal).
RECURSOS
· Aulas de Centros de Ensino e Bibliotecas
· Material técnico para a gravación e o atrezzo (aportado por Illa Bufarda)
FINANCIAMENTO
· Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER)
· Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Norte de Portugal 2007 -2013
· Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Igualdade)
CONTACTO
Correo electrónico: info@illabufarda.gal
Páxina web: http://illabufarda.gal/Formacion/8-horas


