Club do Antifás
Obradoiro audiovisual vertebrado sobre contidos sociais e culturais IMPULSADO por un equipo de cinco docentes coa COLABORACIÓN de voluntariado do IESP A Cachada, de 2º a 4º ESO
O PROXECTO
O Club do Antifás do IESP A Cachada (Boiro) é un lugar onde experimentar, desaprender, contar historias, e situarse no mundo. Cada martes na hora do xantar as persoas que forman parte del (entre elas as docentes impulsoras do proxecto: Ana Moreiras, Flor Domínguez, Carme Robledo, Silvia García e Berta Gómez) practican a reflexión colectiva e interactiva sobre temas que lles preocupan e que logo intentan plasmar as pequenas pezas audiovisuais.
OBXECTIVOS
· Fomentar a creatividade
· Concienciar sobre a nosa cultura
· Adquirir competencias artística e dixital a través das ferramentas audiovisuais
COMO O FIXEMOS?
RECURSOS
· Aulas do EISP A Cachada
· Material de gravación de imaxe , son (pértigas e microfonía) e fotografía
· Portátiles para a edición de vídeo
FINANCIAMENTO
O financiamento do proxecto provén de axudas do propio centro educativo e da reinversión, en material de traballo, dos premios acadados.
RECOÑECEMENTOS
De forma individual, ou como parte dun proxecto maior, algunhas das creacións audivisuais do Club do Antifás foron recoñecidas coas seguintes distincións:
· Premios GSD Innova.
· Proxecta, da Consellería de Educación.
· Olloboi.
· OUFF Escola.
CONTACTO
Correo electrónico: cachavideo@gmail.com
Páxina web:http: clubdoantifas.blogaliza.org


