Vaite Nordés!

Obradoiro de videocreación dun musical IMPULSADO polo Concello de Cariño e DESENVOLVIDO por Illa Bufarda.

O PROXECTO

Neste obradoiro creouse unha curtametraxe musical colectiva en 24 horas con persoas adultas. Durante tres meses (novembro de 2014 – xaneiro de 2015) Illa Bufarda e a cantante Mónica de Nut xuntáronse semanalmente en Cariño con trece persoas que nunca antes fixeran unha creación audiovisual. Traballaron conxuntamente a idea, aproveitando as historias propias do lugar e adaptándoas ao xénero musical. As persoas participantes implicaron ás súas familias e á veciñanza na gravación. Cos vídeos rematados fíxose unha estrea no auditorio municipal.

O grupo participante estaba composto por doce mulleres e un home, de entre 40 e 70 anos, que se apuntaron á actividade, que ofrecía o Concello de xeito gratuíto, por interese propio. A maioría xa se coñecían de antes, con máis ou menos trato entre elas. Foi un grupo moi acolledor coas formadoras e moi involucrado no proceso. Pese a non sentirse inicialmente capaces, pouco a pouco foron avanzando até facer unha curtametraxe musical.

 

OBXECTIVOS
· Aprender e experimentar o proceso de videocreación
· Recuperar o canto como expresión popular
· Fomentar a creatividade colectiva
· Crear e fortalecer os vínculos do grupo participante
· Nutrir e valorar as historias propias para afianzalas como referente
· Saír da rutina
· Divertirse

COMO O FIXEMOS?

COLABORADORES
Contou coa colaboración de Mónica de Nut, cantante multidisciplinar que impartiu catro sesións de composición musical e canto, nas que todo o grupo creou conxuntamente a banda sonora da curtametraxe.

RECURSOS
· Dúas aulas do centro sociocultural do Concello, unha con cadeiras e mesas e outra con equipamento informático (un ordenador para cada participante) e un proxector
· Diferentes localizacións da vila (un ultramarinos e un bar)
· Auditorio municipal, para a estrea da curtametraxe

FINANCIAMENTO
· Concello de Cariño
· Deputación da Coruña

CONTACTO

Correo electrónico: info@illabufarda.gal
Páxina web:  http://illabufarda.gal/Formacion/8-horas

Proxectos relacionados

Empece a escribir e pulse Enter para buscar