Facendo Escola

Documental IMPULSADO por tres profesoras do CPI San Vicente de A Baña: Lucía Muñoz (Educación Infantil), Mª José Becerra (Educación Primaria) e Mar Sueiro (Música ESO e Biblioteca). Realizado co alumnado de 5º de Primaria.

O PROXECTO

Facendo Escola é un proxecto de investigación sobre a Historia do Ensino no Concello da Baña, desenvolvido por un grupo de alumnos de 5º de Primaria xunto con 3 profesoras do centro. O resultado foi unha película documental do mesmo título, estreada en novembro de 2016 no auditorio de Negreira, ante máis de trescentas persoas.

OBXECTIVOS
· Desenvolver as competencias clave a través do traballo por proxectos.
· Investigar a historia da educación do noso Concello e comprender os seus a traveso da Historia.
· Coñecer como os cambios políticos e sociais inflúen na educación.
· Comprender como a educación inflúe no desenvolvemento dunha sociedade.
· Aprender a pescudar a traveso de fontes impresas, dixitais e orais, como testemuñas, imaxes, arquitectura, xornais, obxectos…
· Colaborar no desenvolvemento dun proxecto tomando decisións de xeito consensuado e respectando as opinións e ideas de todos os membros do equipo.
· Aprender a contar con imaxes empregando a linguaxe audiovisual coma ferramenta de expresión e comunicación.

QUEN O FIXO?

PARTICIPANTES
O grupo participante son once nenos e nenas de 5º de Educación Primaria que xa contaban cunha traxectoria de dous anos desenvolvendo traballos por proxectos coa súa profesora titora en colaboración coa biblioteca escolar. Desta vez, animáronse a dar o salto de investigar un tema do que non atoparían información en Internet nin nos libros, de xeito que serían eles os que escribisen a Historia, e para contala a traveso dunha creación audiovisual. Un grupo de nenos e nenas inquedos e curiosos que descubriron unha nova linguaxe e gozaron tanto da labor de investigación en arquivos e entrevistas como do traballo técnico de rodaxe, redacción de entrevistas e deseño de guión e carteis.

COLABORADORES
· Cristina de la Torre asesorounos na creación da historia cun obradoiro de guión documental e se ocupou da montaxe da película. 
· O Concello de A Baña facilitou o acceso ás localizacións e ó Arquivo Municipal,  onde realizamos a maioría das pescudas documentais.
· O Concello de Negreira cedeu o seu auditorio para a estrea.
· O profesorado implicado recibimos formación co programa Tí es Creador da Consellería de Educación en colaboración coa SGAE
· O Museo Pedagóxico de Galicia cedeunos as súas instalacións para a rodaxe de entrevistas.
· Tamén colaboraron de forma entusiasta a veciñanza da Baña e ex-mestres da vila

COMO O FIXEMOS?

RECURSOS
Ademais das instalacións escolares, gravamos en antigas escolas unitarias do concello de A Baña e espazos naturais. A nivel técnico empregamos dúas cámaras de vídeo, micrófonos e equipo de iluminación.

FINANCIAMENTO
A Fundación Barrié financiou o proxecto escolar En versión Orixinal no que estaba integrado Facendo Escola. Tamén se empregaron fondos propios do centro para cubrir todo o orzamento.

RECOÑECEMENTOS
· O proxecto foi galardoado nos Premios Proxecta 2016 concedidos pola Consellería de Educación a proxectos de innovación educativa.
· A película documental Facendo escola foi proxectada na Coruña en novembro de 2016, convidados pola AAVV Oza, Gaiteira Os Castros.
· Foi presentado na facultade de Ciencias da Educación en abril de 2017.
· Seleccionada como finalista nos premios Olloboi e OUFF Escola.

CONTACTO

Correo electrónico: marsueiropena@gmail.com
Páxina web: https://facendoescola.wordpress.com/
Twitter: @MarSueiro

Proxectos relacionados

Empece a escribir e pulse Enter para buscar